The Outer Limits - the man who was never born (primeira parte)

06.04.12


Episódio com Martin Landau e Shirley Knight. As restantes partes estão no Youtube!
publicado por sá morais às 18:27

Vollüspa - Nova Fantasia

06.04.12

 

 

 

Calificación: 
Antoloxía por Roberto Mendes
Hugo Mota Editora, 2012

Vollüspa é unha escolma de contos portugueses de xénero fantástico publicada recentemente pola Hugo Mota Editora e na que se dan cita da man do seu antoloxista, Roberto Mendes, histórias novas e vellas, autores novos e veteráns, das tres principais pólas do xénero fantástico: a ficción científica, o terror e mais a fantasía.

Se a ciéncia-ficción é definida decote coma a descrición do presente en termos de futuro, neste tomo atopamos outras aproximacións non menos interesantes, coma a fría descrición dun nadal no futuro mais comercial (Natal, de Carlos Silva) ou o futuro coma froito de conspiracións provintes do noso pasado (Eternidade, de João Ventura). E tamén a imaxinária descrición do universo por un lendário autor medieval, sen dúbida menos interesante cá do universo real, pero así e todo moito mais humana (O pequeno guía do ceu de Tristán de Sapincourt, porAfonso Cruz).

Mais preto da definición tradicional de ciéncia-ficción está a visión do futuro da nosa democrácia grazas ao avance da tecnoloxía (curioso que lin desta ideia por primeira vez aló polos anos 70, e xa daquela soaba moito menos fantástica que agora) descrita en A queda de Roma, antes da telenovela por Luís Filipe Silva. E asemade a redefinición da nosa história seguindo as convicións frías, científicas e positrónicas dunha raza de computadores… que aínda fala en termos relixiosos (Génesis, Apocalipse, de Roberto Mendes).

O terror é ese xénero sempre en decadéncia, lastrado pola súa pesada carga de goticismo que impide que recoñezamos os esforzos dos escritores por achega-lo á idade contemporánea. É o esforzo de José Manuel Morais en A vida é um sonho, da man dun psiquiatra demasiado vencellado aos pesadelos dos seus pacientes. Ou o da nova versión das lendas ruráis misturada co cinema mais actual dos serial killers que nos oferece José Pedro Lopes en O mal do noso rio.

E por fin, a fantasía, que grazas ao cinema e mais á literatura está a rexurdir nas últimas décadas coma o derradeiro verdadeiro reduto da expresión do xénero. E aquí sempre hai tempo para ver novas versións e voltas de rosca, mesmo con comezos clásicos coma os da herdanza que describe Álvaro de Sousa Holstein en A máquina, para min o conto mais refrescante e redondo dos que compoñen este libro. Pero tamén vemos a renovación do xénero no romanticismo de castelos e princesas de Disney (ou era de Tim Burton?) que tocan o piano grazas a Carina Portugal (O acorde das almas).

Pola súa banda, Carla Ribeiro amósa-nos cales poden ser as delicadas fronteiras entre fantasía e terror na fatalista A queda, e Joel Puga en O último albisca cal pode ser o destino dun vampiro perante o final dos tempos. Son outros xeitos de aproximación ao fantástico, que oferece posibilidades variadas, ás veces dirixidas a un público mais específico, se cadra os nenos que coma o Luís protagonizan A sala de Marcelina Gama en loita cunha bóla de pelo verde que escapa dos contos. Por non falar do mundo límite de completa loucura que describeNuno Gonçalo en Enquanto dormias, mais o que é a fantasía senón outra forma de loucura?

E así chegamos ao fantástico de Pedro Ventura, que desta volta en Uma questião de lugar esquece o clasicismo da épica e léva-nos a un conto moderno que ben podería pasar por guión cinematográfico de televisión dos anos 50 para adolescentes tipo Twilight Zone (pero iso si, dirixido por M. Night Shyalaman). O libro remata con outro conto que nos convida a relembrar a fantasía que forma parte da nosa actualidade, as creacións dos pastores da idade de bronce que aínda guían a vida de moita xente no mundo en Vermelho de Regina Catarino.

Vollüspa é ao cabo unha boa nova sen dúbida para a literatura en xeral, que precisa de que a fantasía lle forneza da irrealidade que todos procuramos cando decidimos mergullar-nos nas páxinas dun libro.

 

 

pesquisar

 

comentários recentes

mais comentados

arquivos

2014:

 J F M A M J J A S O N D

2013:

 J F M A M J J A S O N D

2012:

 J F M A M J J A S O N D

2011:

 J F M A M J J A S O N D

2010:

 J F M A M J J A S O N D

2009:

 J F M A M J J A S O N D

2008:

 J F M A M J J A S O N D

2007:

 J F M A M J J A S O N D

2006:

 J F M A M J J A S O N D

links

subscrever feeds

blogs SAPO


Universidade de Aveiro

Abril 2012

D
S
T
Q
Q
S
S
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27